Volve a Cronoescalada a Mesego - Termas de Cuntis

O ano da Covid 19 supuxo un parón nesta proba histórica que o Clube de Montaña Xesteiras está tratando de volver marcar en vermello no calendario.

A ascensión ó alto de Folgoso por Mesego consta de algo máis de 6 km cunha pendente media que ronda o 6% e un desnivel acumulado arredor dos 350m. Iso para os amantes dos datos. Os románticos e os máis vellos do lugar igual poden lembrar como en Cuntis se respiraba ciclismo alá polos 90, onde se celebraban Copas de España e a propia subida ó Mesego era testemuña de carreiras do máis alto nivel, como a cronoescalada que gañou Ibán Mayo nesta mesma liña de meta impoñéndose a un rapaz de Bamio que daba xa os seus primeiros pasos cara o profesionalismo, Gustavo César Veloso.

É aquela esencia ciclista a que o CDM Xesteiras está a tratar de recuperar e chega xa á terceira edición desta proba, aberta a todos os deportistas que se queiran achegar a Cuntis o vindeiro domingo 12 de setembro. Da liña de saída partirán corredores de todas as categorías dende junior ata os máis veteranos M60 e haberá premios para os tres primeiros de cada categoría, ademáis dun premio especial para os valentes que consigan rebaixar o mellor rexistro establecido nesta competición tanto para féminas como para os homes.

Ao se tratar dunha proba deportiva de carácter individual os deportistas non precisarán presentar test de antíxenos nin PCR. O CDM Xesteiras lembra aínda así a importancia de non nos relaxar coas medidas de prevención pero anima a todo o mundo a formar parte desta festa do ciclismo que busca tamén conservar un anaco da historia deste deporte en Galicia.

A inscripción xa se pode realizar de xeito telemático a través da plataforma de Galitiming.com

Puro Ciclismo, purociclismo, blog, ciclismo, giro, tour, vuelta, clasicas, bici, bicicletas, noticias, entrevistas, ciclocross, mtb, btt, cx, pista
Alejandro Iglesias e Alejandro Marque

Publicar un comentario

0 Comentarios