A NAVALLA DE BOTIS - Fascículo 4: Desmontando un deportista

Montado sobre a túa bici, eres unha máquina complexa, todo un sistema psicolóxico, metabólico, fisiolóxico que traballa conxuntamente co único obxectivo de facer que vaias máis rápido sobre esas dúas rodas. Se deches un repaso por algúns dos perfís en RRSS que tes no final desta sección xa saberás que me gusta verte como un coche de carreiras. Dese xeito cando vemos un deportista subido nunha bici podemos ilo desmontando do seguinte xeito:

1. O vehículo.
           a. Mente:
                    i.   Coñecementos e intelixencia.
                    ii.  Motivación, estado anímico.
                    iii. Felicidade, estado mental.

           b. Corpo:
                   i. Condicionantes:
                             1. Xenética.
                             2. Adestramento.
                             3. Alimentación.
                             4. Descanso.

                  ii. Elementos:
                            1. Músculo esquelético.
                            2. Sistema nervioso - central e periférico.

2. O combustible - vías metabólicas.
          a. Os tres motores:
                    i.  Tractor - vía lipolítica.
                    ii. Deportivo - vía glucolítica.
                    iii KERS - vía fosfagénica.

          b. A importancia de coñecelos e diferencialos.

3. A transmisión - músculo esquelético.
          a. Os músculos que traballan - agonistas.
          b. Os que axudan - sinerxistas.
          c. Os músculos que equilibran - antagonistas.

Acabo de expoñer en 3 puntos o que para min é un deportista, e creo que non me deixo nada, claro que de cada un deles podes atopar bibliotecas enteiras, pero creo que é un esquema simple (e coido que ameno e sinxelo) que trataremos de seguir e desarrollar durante os vindeiros fascículos pra tratar de que teñas unha idea xeral clara de como funciona o teu organismo e como reacciona ós estímulos que lle das adestrando.

Teño o firme propósito de que si me segues por aquí regularmente poida que:
a. Non teñas problema en analizar calquera artigo que atopes sobre rendemento sobre a bici e saibas orientarte e identificar sen problema en que punto do noso esquema te atopas cando leas ou escoites falar de umbral, traballo de forza ou VO2Máx.
b. Poidas identificar que procesos se están a levar a cabo dentro do teu organismo en cada momento do teu adestramento.
c. Sexas quen se sacar probeito REAL a calquera información, consello ou contido de calidade que atopes a través das redes ou intérnete e implementar ese novo coñecemento no teu adestramento de xeito coherente.
d. Que todo o aprendido che resulte de utilidade sexan cales sexan as túas ferramentas, ben contes con un potenciómetro, un medidor de frecuencia cardíaca ou cronómetro CASIO pra medir o teu rendemento.

A NAVALLA DE BOTIS non ven pra che contar un feixe de información novidosa nin os grandes avances na investigación científica, se fago isto é coa intención de axudarche, se o cres necesario, a comprender como responde o teu organismo ó adestramento e poidas por ti mesmo valorar o que che contan… que xa abonda de fliparnos.

Lémonos aquí e saudámonos na estrada!

Podes atoparme en:
Strava: Botis
Facebook: TB Botis
Instragram: jbtorrado

Podes contactarme en:
jb.torrado@gmail.com

Podes unirte a:
Non plus flipare (grupo en Strava)

PURO CICLISMO - Diario online de ciclismo
Foto: Playmobil

Publicar un comentario

0 Comentarios