O GRAN FONDO ÉZARO PRESÉNTASE CUN TRAZADO SIMILAR E AO ALCALCE DE TODOS EN 2024

Alejandro Valverde será o convidado deste ano nunha proba na que a organización anuncia máis novidades.

Presentouse unha nova edición do Gran Fondo Ézaro que se celebrará o vindeiro 7 de xullo. O acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos contou coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o deputado provincial de deportes, Antonio Leira; o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, ademáis de exciclistas como Álvaro Pino, ciclistas en activo coma Samuel Blanco e patrocinadores da proba. O gran convidado desta edición será Alejandro Valverde, excampeón do mundo e toda unha lenda no mundo no ciclismo.

O secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, destacou o carácter do Gran Fondo Ézaro para unir a auténticas lendas do deporte como Alejandro Valverde, Iván Raña ou Javi Gómez Noya con ciclistas anónimos, compartindo grupeta nunha xornada diferente. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso puxo o foco nos valores que transmiten tanto o Gran Fondo Ézaro e o ciclismo concretamente. Un deporte que é un nexo de unión xa que González Formoso lembrou “o acordo unánime dos diferentes grupos políticos da Deputación para financiar a proba ano tras ano”. Pechou o acto o alcalde de Dumbría Raúl González, definindo ao Gran Fondo Ézaro como un “proxecto transversal” que pon á Costa Morte no mapa e que difunde a imaxe da bisbarra en todo o mundo. Para o rexedor, o Gran Fondo Ézaro e o chegada da Vuelta Ciclista a España a Dumbría explican o aumento exponencial de visitantes da vila durante o verán, rexistrando a visita de 200.000 persoa no pasado verán.

A edición de 2024 presenta un trazado similar ao de 2023, percorrendo seis concellos da bisbarra ao longo de 107 quilómetros. Dumbría, Carnota, Muros, Serra de Outes, Mazaricos e Cee serán os municipios que desfrutarán do paso dun pelotón con ciclistas procedentes de todos os puntos da xeografía española.

A proba partirá ao pé da fervenza do Ézaro, deslizándose a carón do mar en dirección Muros ata chegar de volta ao Ézaro o pelotón ascenderá A Ruña, de terceira categoría, para afrontar nos dous últimos quilómetros a subida final a Muro do Ézaro. Alí, como novidade deste ano, os ciclistas poderán optar por marcar o seu tempo sen enfrontarse á subida final.

Publicar un comentario

0 Comentarios