Dende 2009 o Tour de Francia non visitaba España. Este ano teremos a sorte de contar con tres tiradas do Tour en España.
O próximo 1 de xullo será a gran saída do Tour dende Bilbao, a primeira tirada terá a Bilbao como saída e chegada, así que Bilbao e os seus arredores serán os protagonistas da gran saída.
A segunda tirada sairá de Vitoria e rematará en San Sebastián, será unha tirada rompe pernas e bastante longa o superar os 200 quilómetros.
A terceira tirada terá saída en Amorebieta – Echano e rematará en Bayona, xa en Francia.
Como máximos favoritos a levarse o triunfo no Tour destacan Jonas Vingegaard (Team Jumbo - Visma), o último gañador, e Tadej Pogačar (UAE Team Emirates), que conta xa con dous triunfos no Tour. A nivel individual os dous ciclistas son moi parecidos, Pogačar chega algo xusto de forma, xa que durante a Lieja – Bastoña – Lieja sufriu unha caída, o que lle provocou varias fracturas na man esquerda e que estivese un tempo sen poder adestrar.
No que respecta os seus equipos o equipo UAE Team Emirates a priori ten mellores ciclistas o que fará que este Tour sexa moi animado, xa que o ano pasado era a inversa, gracias o traballo do Team Jumbo - Visma, Vingegaard tivo máis fácil para ser o gañador final.
Outros aspirantes o Tour son Richard Carapaz, Daniel Felipe Martínez ou Simon Yates e no que respecta os corredores españois cabe salientar a Mikel Landa e a Enric Mas.
0 Comentarios
Gracias por su comentario