Se presentó la Asociación Cultural Deportiva Sanomedio

Un ACD Sanomedio listo para asentarse no panorama ciclista autonómico e nacional.
A Asociación Cultural Deportiva Sanomedio celebrou este sábado 11 de marzo nas adegas do Señorío de Rubiós de As Neves (Pontevedra) o 10º aniversario da súa fundación ca presentación do seu equipo ciclista master para la tempada 2023 e as súas novas equipacións para estrada e monte nun evento familiar acompañado de patrocinadores e medios de comunicación.

En total son 12 os corredores que compoñen a plantilla do Sanomedio para este novo ano, ademais dos case 30 cicloturistas. A asociación dirixida por Fernando Rodríguez, Luis Fraile e Laureano Calviño renova aos 7 corredores que tiña en 2022 e incorpora a 5 novos compoñentes, entre os que destaca a súa primeira corredora feminina: Patricia Bacelo, quen comezou con forza a tempada gañando na categoría Master Feminino na primeiria proba do circuito Transgalaica Maratón MTB Series celebrada en Cerdedo - Cotobade.

A presentación dirixida polo speaker Rubén Bernárdez foi celebrada nn entorno espectacular entre as cubas de viño da adega Señorío de Rubiós e contou ca presenza do alcalde das Neves Xose Manuel Rodríguez, concelleiro de Deportes Óscar González, presidente da Federación Galega de Ciclismo Juan Carlos Muñiz e de gran parte de los patrocinadores.

No evento se recoñeceu o esforzo do equipo na tempada pasada para ser un dos clubes más competitivos de Galicia e se lembraron os triunfos como a Copa Galega de BTT Maratón ou a clasificación e participación no Campionato Mundial Master de ciclismo en ruta celebrado pola UCI o pasado setembro en Trento – Italia.

Polo que respeta ao calendario 2023 o equipo das Neves seguirá estando tan cargado como é costume para estes corredores, participando en múltiples carreiras independentes por toda la Península, ademais dos circuitos autonómico e nacional de BTT - maratón e ruta, Campionatos de Galicia e de España de BTT maratón e ultramaratón, probas do circuito galego master de ruta e probas do Gran Fondo UCI World Series co objetivo de clasificar e correr de nuevo o Campionato Mundial Master de ciclismo en ruta que este ano se celebra en Glasgow – Escocia (UK).

Plantilla ACD Sanomedio 2023:
Patricia Bacelo (Master 40 – Salvaterra de Miño)
Pablo Iglesias (Master 30 – Ponteareas)
Sergio Mariño (Master 30 – Salvaterra de Miño)
Fran Vilas (Master 30 – Salvaterra de Miño)
Gustavo Pérez (Master 30 – Salceda de Caselas)
Jorge Estévez (Master 30 – Salvaterra de Miño)
Bene Carrera (Master 30 – Salvaterra de Miño)
David Amoedo (Master 30 – Ponteareas)
Denis Pintos (Master 30 – Salvaterra de Miño)
Juan Alonso (Master 30 – Salvaterra de Miño)
João Gomes (Master 40 – As Neves)
Juan Nieves (Master 40 – As Neves)

Publicar un comentario

0 Comentarios