A NAVALLA DE BOTIS - Fascículo 7: Desmontando un deportista. Capítulo III: Ciclista gasosa vs ciclista ladrillo

Como che dixen a pasada semana vouche falar un pouco máis do teu “motor Barreiros” que é como lle chamo para ti á vía metabólica que emprega como combustible as graxas. Se lembras o noso esquema imos por aquí (enlace).

Vou entrar algo máis en detalle no que significa o adestramento deportivo e por iso che vou comezar a falar dos PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS do adestramento. Así manteño o compromiso que adquirín contigo de manterte afastado de “flipados” e por iso non imos falar de dietas “low carb”, de "cetosis" nin adestramentos en xaxún… calquera deportista debería estar familiarizado cos principios do adestramento deportivo, e moi directamente ligado ó tema que che expoño hoxe está o PRINCIPIO DE ESPECIFICIDADE.

Expóñocho como sabes que me gusta, como se foses un coche de carreiras:
Se adestras é para conseguir que eses motores dos que sempre che falo (as vías metabólicas) teñan máis cabalos (ou vatios) e poidan facer máis quilómetros dunha tirada.

Quen goberna no noso organismo é o sistema nervioso central e ten dous modos: ON/OFF, que se corresponden co sistema simpático ou parasimpático en función de se estamos a vivir unha ameaza (o adestramento o é) ou si estamos a salvo para repoñer forzas e reparar danos (os causados polo adestramento tamén).

Dito isto, imos coller a nosa máquina e ímoslle dar unhas voltas ó circuíto (ON). Imos tranquilos, aínda non coñecemos as curvas e cando chegamos de volta a boxes (OFF) o mecánico non ten máis que repoñer o depósito… (comer, durmir ben…) enténdese o símil?

O dia seguinte imos probar a ir máis rápido (ON), lembras aquel segundo motor? o de inxección? Custa un pouquiño máis pero a cousa vai ben… ó cabo dunha semana xa imos rápido, pero toca cambio de aceite (OFF), revisión… seguimos no circuíto de carreiras…si?

Un paso máis, imos ver como vai o KERS. Lembras aquel motor eléctrico que dura pouco e nos dá moita potencia extra? (ON) Imos dar unhas voltas tranquilos e probar a aceleración á saída das curvas. Todo ben. O mecánico en boxes (OFF) ten que encher o depósito de gasóleo e cambiar os neumáticos que gastamos nas arrancadas (comer, durmir ben e igual fai falla unha pequena masaxe, unha ducha de contrastes…) Segues o fío, non si?.

O noso mecánico é un artista, así é o corpo humano, e cada vez que ten que cambiar unha peza vai buscar unha de mellor calidade (así nos adaptamos co adestramento). Tamén cambiou o depósito por un algo máis grande a ver se nos aguanta algo máis.

É domingo. Veñen uns colegas e imos demostrar o ben que vai a nosa máquina. (ON) Dámolo todo, os motores soben de voltas, gastamos varios xogos de neumáticos, o motor de gasolina xa pide unha correa nova… buf! Cando chegamos a boxes (OFF) o mecánico pon mala cara: para mañá non cho teño eh… hai algo que non se entenda ata aquí?

Pois de isto que xa che contaba no grupo “Non plus flipare” de Strava hai unhas semanas vai o PRINCIPIO DE ESPECIFICIDADE. Todo aquel engrenaxe de hormonas e reaccións que che comentaba ó principio deste fascículo pode mellorar co adestramento, de feito faino cada vez que saes en bici, pero si lle permites traballar especificamente vai desarrollar máis as súas capacidades, a través da capilaricación ou da hipertrofia mitocondrial e dos estímulos hormonais concretos e podes facer que o teu equipo de mecánicos adique algunhas xornadas de traballo a mellorar este “motor Barreiros” para que dea uns cantos cabalos máis.

Sobre como respectar este PRINCIPIO DE ESPECIFICIDADE e ser máis eficiente nos teus adestramentos vou compartir contigo un consello que resume do mellor xeito que coñezo todo o que aquí che quixen contar, é unha frase de Benito Flores, adestrador mexicano, e dí así: “pedalea baixando; e subindo faino o menos que poidas”. E aquí volvemos ó titulo deste capítulo: eres un ciclista gasosa, dos que se desafoga en cada repeito; ou un ciclista ladrillo, dos que non se sae do que marca o caderno en ningún momento?

Lémonos aquí e saudámonos na estrada!

Podes atoparme en:
Strava: Botis
Facebook: TB Botis
Instragram: jbtorrado

Podes contactarme en:
jb.torrado@gmail.com

Podes unirte a:
Non plus flipare (grupo en Strava)

Puro Ciclismo, purociclismo, blog, ciclismo, giro, tour, vuelta, clasicas, bici, bicicletas, noticias, entrevistas, ciclocross, mtb, btt, cx, pista

Publicar un comentario

0 Comentarios