A NAVALLA DE BOTIS. Fascículo 36, desaprendendo

Dende que comecei A NAVALLA…
Expliquei o por que.
Fixen un plantexamento xeral cunha guía.
Desmontei ó deportista.
Falei de fisioloxía básica e dos “mecánicos”.
Abordei as metabólicas: os “motores”.

E chegado o momento faleiche de cuantificación da carga externa, para cando a frecuencia cardíaca deixa de ser fiable, cunha fórmula hiper - sinxela.

Por que tan sinxela? Porque precisamos que así o sexa, porque non temos capacidade de aprehender toda a realidade que nos rodea e moito menos controlar cantas variables poden afectar ó noso rendemento nin á nosa saúde. Como mostra un botón: hai dous anos estabamos cheos de medo e pechados nas nosas casas porque “un chino comeu un morcego”... eses eran os “memes” que brincaban coa orixe da pandemia, pero a idea asemella bastante ó control que podemos ter sobre o noso rendemento a través do adestramento. Propúxenche unha fórmula ben sinxela. No fondo TRIMP, TSS… todas o son. Todas tratan de poñer un número a algo que non se pode medir.

Todo canto che veño expoñendo na NAVALLA semella unha simplificación extrema pero non ó é. Agora pénsao: faleiche de que temos un taller de mecánicos que fai reparacións entre un adestramento e o seguinte para mellorar a nosa “máquina”. Unha simplificación absurda, pero non o entendas así por favor. Xa nos fascículos 9 e seguintes onde che falaba disto contaba que era importantisimo aquilo ó que dei en chamar “baixar a persiana do taller” para deixalos traballar. Ese “equipo de mecánicos” non entende só de adestramento, son os que tes para todo. Se sofres de estres continuo a persiana non vai baixar de todo, e non sei de que traballas pero seguro que non che será agradable ter ó xefe ou ó cliente controlándote constantemente, iso mesmo pasa no teu organismo cando os niveis de cortisol son moi elevados e non permiten entrar en acción ó triptófano que facilita o descanso e ligada a ela á hormona de crecemento.

No teu “taller” pode haber unha “baixa por enfermidade” (anemia), unha pelexa entre compañeiros (mal funcionamento dalgún marcador) ou mesmo que entren a roubar (infección). Ó igual que nun taller de verdade moitas destas cousas pasan inadvertidas ós ollos do “xefe” e non eres consciente das loitas que acontecen dentro de ti, iso só acontece se aparecen os que temos etiquetados como “síntomas”. Sempre me chama a atención a seguridade coa que os deportistas afirmamos cousas como “teño un FTP de X”. Afirmar algo así é unha soberbia falacia e temos que ser conscientes disto. O correcto é dicir (ou cando menos ser consciente): “hai tres días nun test de 20' fun quen de mover X/0,92 W”. Non te quedes nos números. Non todos os días estamos igual, non todos os días somos capaces de facer o mesmo esforzo… e si es capaz de repetir un test de 20' dous días seguidos e que non o fixeches ben. Pero de eses números pretendemos inferir “zonas de adestramento”, niveis de fatiga, etc… explícome?

Precisamos levar todo á mínima expresión porque non temos capacidade de comprender a realidade en toda a súa plenitude. Precisamos saber se a bolsa vai subir ou baixar, pero é imposible prever a caída dun raio nunha factoría que interrumpa a produción e faga perder millóns de euros en valor a unha empresa do IBEX.

Non temos capacidade real de medir nada! Hai un sistema tremendamente complexo e que funciona á perfección, que leva sendo desenvolvido durante millóns de anos. É tan perfecto que se levas un golpe nun xeonllo provoca inflamación e dor para evitar que te movas e permitir a recuperación, tan perfecto que mide a deshidratación de xeito instantáneo e envía un sinal automaticamente que se chama sede. Xa traemos ese sistema de serie, pero só entende de supervivencia, non entende de carreiras… a non ser que corras diante dun oso, jeje. Na métrica que che propoño que comeces a desenvolver incluímos por iso a túa propia percepción. O propósito é que como deportista poidas prestar atención a todos eses sinais que xa existen no teu organismo, que funcionan á perfección e aprendas a empregalos no teu favor.

A DFA Alpha 1, da que che falei nalgunha ocasión, achégase a este propósito xa que sobre o papel estaría a mostrar a verdadeira carga interna que soportamos integrando cantos posibles parámetros afectan á mesma, pero queda moito camiño por avanzar sobre ela e tampouco funciona dun xeito idéntico en cada individuo.

É por isto que as túas propias percepcións son esenciais, o mellor que temos até o de agora, son a verdadeira guía para o teu adestrador ou ben para ti que deseñas os teus propios adestramentos, pero tes que ser quen de interpretalas de un modo axeitado e non é doado. Aínda así anímote a probar…

Podes escribirme para profundar máis no enderezo que tes abaixo.

Lémonos aquí e saudámonos na estrada!

Podes atoparme en:
Podes contactarme en:
bts.rendementosaudable@gmail.com

Podes unirte a:

Publicar un comentario

0 Comentarios