Máis de medio milleiro de ciclistas surcarán hoy as estradas da montaña lucense no Ancares Cycling Marathon

Claudio Chiappucci será o dorsal número 1 dunha marcha cicloturista que contará co profesional ourensán Carlos Canal e con César García Calvo, o 'xabaril do Bierzo', ademais de recoñecidos nomes como Alex Marque, Javi Gómez Noya ou Iván Raña.

Máis de medio milleiro de ciclistas sairán hoxe ás estradas máis indómitas da montaña lucense para participar no Ancares Cycling Marathon, o gran fondo de montaña de referencia en Galicia, que nesta ocasión revalida a súa presenza no calendario cicloturista cun éxito de inscrición.

O Ancares Cycling Marathon sairá de novo á estrada para percorrer os concellos da Serra dos Ancares con tres roteiros alternativos: un completo de 128 quilómetros, un intermedio, de 100, e un terceiro máis asequible para todos os públicos, de 48 quilómetros. A caravana ciclista pasará polos municipios lucenses das Nogais, Becerreá, Pedrafita, Cervantes e Navia de Suarna

O multitudinario roteiro partirá ás 9,00 horas desde a Praza do Mercado de Pedrafita do Cebreiro. Aqueles que opten pola opción longa, encadearán a subida a 4 portos: Sete Carballos, Pintinidoira, Vilasol e O Cebreiro, con espectáculo e goce asegurado. Pola súa banda, o medio fondo percorrerá os tres últimos portos e a opción do 'mini' fondo pasará por Vilasol e O Cebreiro.

Entre os grandes nomes que tomarán a saída desta cicloturista estará o histórico Claudio Chiappucci, que recollerá a testemuña de Miguel Induráin como dorsal número 1 da marcha. Tamén participará o profesional ourensán Carlos Canal e o coñecido 'Xabaril do Bierzo', César García Calvo, hirmandando Galicia e o Bierzo tamén sobre a bici.

Pero, ademais, a marcha dará lustre ás excelencias da montaña lucense coa presenza doutros grandes nomes do deporte: Javi Gómez Noya, Iván Raña e Alex Marque estarán tamén en liña de saída de Pedrafita para gozar doutra xornada espectacular sobre as dúas rodas.

Foto: EME Sports

Publicar un comentario

0 Comentarios