A NAVALLA DE BOTIS. Fascículo 41, volta ó cole

Ola de novo!!! Como foron as vacacións? Listo para volver á carga?

Descoñezo cal é o teu caso particular, non sei si es dos que durante o verán disfruta de máis tempo para lle adicar á nosa paixón, ben sexa por horarios, por termos máis horas de luz… ou si es dos que consegue rascar tempo para adestrar durante o resto do ano e nas vacacións por compromisos, viaxes, etc… te ves afectado nas túas rutinas diarias.

Sexa cal sexa o teu caso a bo seguro estarás, como estamos todos, nun momento no que toca reorganizar a vida, xestionar horarios e buscar dentro das 24 horas que ten o día algún anaco de tempo para adicar ó adestramento e chegar, na vindeira tempada, un pouco mellor preparado ás datas que vas ter marcadas (a non ser que sexan probas de ciclo cross, en tal caso xa imos tarde, jeje).


Os vindeiros fascículos están pensados especialmente para este momento do ano e serán igualmente aplicables sexa cal sexa o teu nivel, disciplina, obxectivos… aínda que non che guste a bici sequera. Todos queremos máis, e a volta das vacacións adoita ser un deses momentos nos que nos plantexamos con ilusión cousas como: vou comer mellor, comezar no ximnasio, vou ler un pouco todos os días ou manter o volume de adestramento que acadei no verán cando os días eran máis longos. E o máis habitual é fracasar.

Dende `Bts - rendemento saudable´ prestamos atención, como abofé fará o teu adestrador (se contas con un profesional), a todo un feixe de pequenos graos de area que podes ir implementando no teu día a día e que con pouco esforzo e axuda che poden facer chegar un pouco máis alto e un pouco máis lonxe sen apenas percibir o esforzo.

Aquí na NAVALLA tratamos de facelo doado e contábache que o máis normal é fracasar nestes novos propósitos. E por que fracasamos? É algo que normalmente nos vai facer sentir mal, pero non temos culpa diso, simplemente hai un feixe de cousas que non nos ensinan dende pequenos, pero podemos ir aprendendo con tempo e un pouco de interese. Aquí imos expoñer catro pautas moi sinxelas para que poidas incluír no teu día a día esa rutina que nunca fuches quen de facer túa. Un hábito como o adestramento diario consta de tres partes fundamentais:

Coñecemento.
Vontade.
Habilidade.


Basicamente e de xeito moi resumido:

Coñecemento: Que? e por que? Adestrar porque é bo para a miña saúde.
Vontade: Quero? Quen non ía querer estar máis forte, ser máis rápido, ter mellor aspecto…
Habilidade: Como? “...aaaaamigo. El concepto es el concepto”.

Pois disto último imos falar durante os vindeiros fascículos que espero che sirvan de moito, sexan cales sexan os teus obxectivos, nivel ou aspiracións.

Lémonos aquí e saudámonos na estrada!

Podes atoparme en:
    www.bts-rs.com
    ●Strava: Botis BTS - RS
    ●Facebook: Botis Bts - rs
    ●Instragram: Botis.bts.rs

Podes contactarme en:
    ●bts.rendementosaudable@gmail.com

Podes unirte a:

Publicar un comentario

0 Comentarios