A NAVALLA DE BOTIS - Fascículo 45, faino satisfactorio!

Xa estamos de novo a luns! Como van esas ideas nas que estamos a traballar para crear e fixar hábitos positivos? Vas probando algunha?

Recapitulamos:
Por pasos xa falamos de facelo evidente, eses sinais dos que falabamos vanche recordar quen es e cal é o obxectivo que che fai soñar.

Falamos tamén de facelo atractivo, de acompañar aquilo que máis che custa dun reforzo positivo, algo divertido e agradable. E tamén falabamos de como facer a nosa hora de rodillo, que é o exemplo que veño utilizando, un pouco máis amena.

Doado, por último falabache de facelo doado eliminando todas as friccións que sexas capaz desas que te afastan ou te frean antes de te poñer mans á obra.

Pois hoxe imos dar un último paso para fixar definitivamente o teu novo hábito, e calquera que te propoñas, na túa axenda: faino satisfactorio!

Vale, ímonos dar un premio, ou mellor, imos compartir o premio de Alberto:
Alberto chegou a estar este verán máis en forma que nunca e coa volta ó traballo, o colexio do neno, as actividades… en fin, as rutinas diarias que sumadas ás previsións de que os días van ser máis curtos facían temer ó noso compañeiro por todo canto acadou na última tempada.

Como veremos, Alberto non é un profesional, nin tampouco un ermitaño, ten preocupacións máis aló da bici e busca un equilibrio mentres non deixa de atender as súas metas.

Onte foi domingo, Alberto quedou cos seus compañeiros de grupeta e gústalle almorzar ben e darse un pequeno capricho antes da saída máis longa da semana. Diante do seu café e as súas tostadas revisa no móbil o rexistro das pequenas metas que foi acadando ó longo da semana. Para facelo emprega un sinxelo cadro que utilizamos en Bts-rendemento saudable. Ti poderías utilizar un de colleita propia ou descargar o noso no enlace.


Como podes ver hai varias áreas ás que Alberto quere prestar atención, que non teñen por que coincidir coas túas, e simplemente apunta cada mañá na súa folla de cálculo (ben vale unha libreta) de que xeito lle prestou atención a cada unha delas no día anterior. Así mesmo, ó rematar a semana facemos unha valoración do que consideramos obxectivos cumpridos e das áreas nas que cremos que debemos poñer máis atención.

Botando unha ollada lixeira a esta semana podes comprobar que para Alberto a familia e os amigos son unha parte importante da vida que poida que estéamos descoidando ou que debamos tentar de xestionar mellor. Pero en liñas xerais Alberto síntese satisfeito e a ollada sobre o seu rexistro semanal no seu momento favorito da semana reconfórtao e manteno enfocado nas súas metas e no grandísimo traballo que está a facer.

Que rexistro levas ti dos teus logros? Non me digas que os Km en Strava por favor!, jejeje.

Xuntos podemos lograr que chegues onde te propoñas, xa verás. A vindeira semana imos tratar de quitar algunhas cousas que che sobran… anímaste?

Lémonos aquí e saudámonos na estrada!

Podes atoparme en:
 ●Strava: Botis BTS - RS
 ●Facebook: Botis Bts - rs
 ●Instragram: Botis.bts.rs

Podes contactarme en:
 ●bts.rendementosaudable@gmail.com

Podes unirte a:

Publicar un comentario

0 Comentarios