O Gran Fondo Ézaro abre as inscricións

A proba cicloturista terá lugar o 7 de xullo polas estradas da Costa da Morte.
Os que reserven xa o seu dorsal beneficiaranse dun importante desconto.

O Gran Fondo Ézaro abre o período de inscricións para a edición de 2024. Dende este luns 18 poderanse formalizar a participación na gran proba cicloturista de Galicia a celebrar o 7 de xullo. A organización premia aos 300 primeiros inscritos cun prezo reducido de tan so 35 euros. O roteiro, á espera de darse a coñecer os detalles, terá un percorrido e unha distancia similar á da edición de 2023.

O Nadal é tempo de regalos e nada mellor que obsequiar cunha experiencia que aúna deporte, saúde e os encantos da Costa da Morte, coa súa beleza paisaxística e unha gastronomía ao máis alto nivel. Os interesados poderán facer con antelación os seus plans para visitar a bisbarra no vindeiro mes de xullo. Ademais, como novidade, en caso de existir algún contratempo, a inscripción para o Gran Fondo Ézaro poderá ser canxeada para participar na Ancares Cycling Marathon do 4 de agosto. As inscricións xa se poden facer en www.granfondoezaro.com

Durante as próximas semanas, os interesados poderán realizar a inscrición cun custe reducido de 35 euros ata un límite de 300 beneficiados, nunha campaña que rematará o 7 de xaneiro. A partir desa data o custe será de 40 euros ata acadar os 600 inscritos. A partir do 1 de marzo o prezo será de 45 euros e no último tramo de inscritos aboarán 57 euros.

En 2023 o Gran Fondo Ézaro celebrouse baixo a fórmula de percorrido único, con 109 quilómetros polos concellos de Dumbría, Carnota, Muros, Mazaricos e Cee. Máis de 600 ciclistas tomaron a saída nunha xonrada na que Samuel Sánchez, medalla de ouro nos XX.OO de Pequín, foi o primeiro en cruzar a liña de meta no imponente Mirador do Ézaro. Juan Carlos Trillo, Ángel Maneiro o Benjamín Noval junior fron outros dos destacados. Na categoría feminina Ana Portela, Ana García e María del Carmen Lorenzo foron as que invertiron menos tempo en completar o percorrido.

Publicar un comentario

0 Comentarios