A NAVALLA DE BOTIS. Fascículo 50, a derradeira NAVALLA

Imos xa a rematar de calibrar esta ferramenta do control da túa activación mental para que a poidas utilizar nos momentos que teñas que buscar o máximo rendemento.

Lembras que xa aclaramos que ten efectos a distintos niveis, que sen dúbida afecta ó rendemento e que podes aprender a poñerlle un valor do 1 ó 10, como se fose o termostato dunha caldeira, e a partires de aí seleccionar o “nivel de presión” ideal para tí.

Agora imos ver cómo volver levar o termostato a ese punto cando o precises.

Existen múltiples técnicas e de feito é algo totalmente persoal, pero o que sí que che aconsello é que o traballes si buscas o teu máximo rendemento.

O primeiro, despois de ter localizado ese punto (poñamos que no teu caso sexa X - non emprego un número porque podería resultar suxestivo) imos prestar a máxima atención cada vez que te atopes nel, ben sexa nunha proba ou en adestramentos de certa intensidade, e que trates de identificar todas as sensacións: se sintes frío nas extremidades, calor no peito, os teus pensamentos… cada detalle que sirva para identificar ben ese punto.

Segundo paso, disfrútao. Síntete ben contigo e co que estás a facer, ó fin e ó cabo quedamos en que estás facendo un esforzo intenso e nun estado de activación mental no que rendes ó teu máximo… qué soa na túa cabeza? Presta atención porque vai haber unha canción aí, unha das túas favoritas, e non vai estar aí por azar.

A continuación traballa sobre ela. Esa canción vai ser o teu interruptor cando precises regular o termostato.

Foto: Daily Mail

Lembras a Michael Phelps en Río entrando na piscina cada día cos cascos? Non estaba escoitando a radio, nin Ronde Podcast (guiño pra uns amigos).

Non é ningunha broma a ferramenta que che estou expoñendo aquí, é realmente incríble o poder da túa mente sobre o teu organismo, as súas reaccións, o seu funcinamento… e o seu rendemento. E pode resultar tanto máis expectacular experimentar o poder de ser quen de levar á túa mente ó punto exacto no que a precisas simplemente tarareando unha canción nese momento no que a precisas.

Agardando á saída nun día de inverno onde ningún dos pensamentos que che veñen á cabeza axuda a aguantar os nervios e o frío, comezas a tararear e a agulla do termostato sube como por arte de maxia: imos ó lío!... Último quilómetro, chegades un grupo de 20 no centro dunha vila. Xa van dúas veces que te cerran de mala maneira, estás encendido e vas pasado de voltas, sabes o que supón precipitarse aquí… a túa cantinela comeza a soar na túa cabeza, o termostato baixa dous puntos, céntraste e volves sen máis esforzo ó teu punto óptimo. Na túa vista volven aparecer as rodas dos rivais, cruces, referencias espaciais… e das o mellor que tes.

Non é maxia. Trabállao!

Levamos 50 fascículos xuntos. Tratei de deixarche a través da NAVALLA DE BOTIS unha guía completa e básica para que poidas adestrar, ser constante, eficiente, coidarte e render ó máximo e sen ser un flipado. Para min supuxo un esforzo estar contigo cada semana, pero tamén unha enorme experiencia e unha grande aprendizaxe.

Podes atoparme en:
 ●Strava: Botis BTS - RS
 ●Facebook: Botis Bts - rs
 ●Instragram: Botis.bts.rs

Podes contactarme en:
 ●bts.rendementosaudable@gmail.com

Podes unirte a:

Publicar un comentario

1 Comentarios

Gracias por su comentario