A navalla de Botis - Fascículo 1

Dando por feito que si te pasas por aquí eres, cando pouco, afeccionad@ á bicicleta e ó deporte voume atrever a plantexarte un espazo diferente que nos sirva a todos para compartir ideas e experiencias sobre adestramento e que nos anime (e cada vez a máis xente) a coidarnos, a mellorar e tamén, por suposto, a divertirnos!

Se non me coñeces podo contarche que a xente me coñece como Botis, levo dez anos competindo en categoría de veteranos, son director deportivo e preparador físico polo ISAF, e gustaríame ser quen de elaborar canda ti aquí unha guía básica, sinxela e impermeable á confusión que xenera o ruído comercial na que poidas atopar respostas e plantexar cuestións de utilidade para acadar a túa meta no noso deporte, ben sexa coidar a túa saúde, mellorar o teu rendemento ou divertirte o máximo posible.

Un pouco sobre min para ver se che pode interesar o que che conte aquí: se ben sempre me gustou o ciclismo, foi un duro pao destes que nos regala a vida o que, alá polo 2011 despertou en mín a paixón polo adestramento e a relación deste coa saúde e o rendemento, esta aventura a mín levoume a competir en bici. A competición faime sentir vivo como ningunha outra sensación no mundo (Podes escoitar aquí como llo contei a Manu Sola no seu podcast "Ciclismo evolutivo": click aquí. Sería moi interesante que te animases a contarme qué parte do deporte e do ciclismo te motiva, como por exemplo disfrutar coa grupeta dos domingos… 1, 2, 3, responda outra vez - deixa o teu comentario. (risas), se non me coñecías xa tes outra pista sobre a miña idade.

Este que aquí da comezo é un proxecto que busca retroalimentarse das túas opinións e que podes ir guiando, plantexando as túas dúbidas e inquedanzas. Tratarei de ter algo novo que che contar cada semana sobre como podes facer as cousas ti, sen tratar de imitar a Van der Poel, e disfrutar sen facer burradas que acaben por lesionarte ou frustrarte… para iso xa temos unha enorme lista de youtubers e vendedores de crece pelo no século XXI.

Buscarei ir desmontando o que para min é o adestramento deportivo ligado á saúde e ó rendemento dun xeito ameno, compartindo ideas para que poidas implementar o que che conte no teu día a día de xeito ameno e divertido, aportando estratexias para que poidas maximizar os teus adestramentos coas ferramentas que teñas a man, tanto se usas un medidor de potencia como unha “app” no teu móbil para rexistrar os teus adestramentos.

De momento máis nada, hei procurar ser breve e conciso de cada vez.

Lémonos aquí e saudámonos na estrada!

Puro Ciclismo, purociclismo, blog, ciclismo, giro, tour, vuelta, clasicas, bici, bicicletas, noticias, entrevistas, ciclocross, mtb, btt, cx, pista

Podes atoparme en:
- Strava: Botis
- Facebook: TB Botis
- Instragram: jbtorrado

Podes contactarme en:
- jb.torrado@gmail.com

Podes unirte a:
- Non plus flipare (grupo en Strava)

Publicar un comentario

0 Comentarios