A NAVALLA DE BOTIS - Fascículo 10: Desmontando un deportista. Capítulo VI

Como vai a cousa? Vaste entendendo cos teus mecánicos?
No último fascículo lembrarás que che falaba do proceso de adaptación ó adestramento deportivo como un taller, onde ti sacas a máquina para adestrar e a deixas de volta mentres recuperas co propósito de que o teu equipo de mecánicos realice os amaños e melloras que consideren precisos.

Isto que eu che simplifico así, obviamente ten unha base fisiolóxica real e cando che falo de mecánicos traballando fago referencia a un feixe de reaccións de todo tipo que se producen no teu organismo cando lle das descanso logo de varias xornadas de adestramento, ou entre elas. Imos con unha curiosidade: algunha vez caíches na conta de que nos días que descansas vas máis ó WC para mexar? Non é que cho pareza a ti, efectivamente pode pasar, e non é máis que un efecto da falta de actividade, sinal de que a persiana do garaxe esta pechada. Contamos con unha hormona, a vasopresina, que se encarga de regular a permeabilidade das paredes do ril en función de:

Si lle das caña á túa maquina evitar a deshidratación.
Eliminar substancias de refugallo pola orina cando non se eliminan doutro xeito.

…e o certo é que como che veño contando o teu organismo ten dous modos, ON/OFF, regulados polo sistema nervioso central; pero non só regulan as gañas de ir ó baño… o modo no que te atopes vai propiciar á súa vez:

Reaccións catabólicas. Son aquelas nas que todos os recursos do teu organismo están a disposición da tarefa. Igual que aquela escea de "Los hermanos Marx en el Oeste" (más madera - YouTube). Actívase a hormona AMPK que será despois a principal responsable da bioxénese mitocondrial… o que é o mesmo: de facer máis grande a caldeira.

Pola súa parte as reaccións anabólicas propician a formación de estruturas maiores a partir de substratos como pasa coa a síntese de proteínas… aquí é onde traballan os mecánicos para que, por exemplo, o depósito teña máis capacidade. Canto máis combustible "menos madera".

Debes buscar sempre un equilibrio entre ambas, o traballo dos mecánicos cando lle pechas a persiana do garaxe é enorme: restauración muscular, reposición de substratos, recuperación neurolóxica, “desintoxicación” psicolóxica… a parte da recuperación no adestramento é importantísima e a “desconexión” debe ser total. Mira como deixan o convoi os irmáns Marx… aí hai que meter unha boa recuperación eh!

Pola outra banda, neste equilibrio tan necesario, debes dar sempre traballo ós teus mecánicos. Isto significará que unha vez que teñen unha parte da máquina xa compensada deberás incidir en “machacar” outras pezas, ou ben esixir máis ás xa melloradas. Se fas sempre o mesmo tipo de adestramento chegarás a un punto onde te estanques, os teus mecánicos non terán máis traballo que aquilo que xa coñecen e morrerán de aburrimento. Máis adiante falareiche dos PRINCIPIOS DE PROGRESIÓN E SOBRECARGA.

Así rematamos hoxe, cunha cita nada menos que de Albert Einstein: “non agardes resultados distintos se fas sempre o mesmo”.

Lémonos aquí e saudámonos na estrada.

Podes atoparme en:
Strava: Botis BTS - RS
Facebook: Botis Bts - rs
Instragram: Botis.bts.rs

Podes contactarme en:
bts.rendementosaudable@gmail.com

Podes unirte a:
Non plus flipare (grupo en Strava)

Puro Ciclismo, purociclismo, blog, ciclismo, giro, tour, vuelta, clasicas, bici, bicicletas, noticias, entrevistas, ciclocross, mtb, btt, cx, pista

Publicar un comentario

0 Comentarios